(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • José Miñones presenta na Guarda un proxecto de turismo sostible que creará itinerarios fluviais con cruceiros polos ríos Miño e Sil, a cargo do Plan de Recuperación do Goberno

    José Miñones presenta na Guarda un proxecto de turismo sostible que creará itinerarios fluviais con cruceiros polos ríos Miño e Sil, a cargo do Plan de Recuperación do Goberno

    • Publicado por prensa
    • Categorías Turismo
    • Date 9 Novembro, 2022
    José Miñones presenta na Guarda un proxecto de turismo sostible que creará itinerarios fluviais con cruceiros polos ríos Miño e Sil, a cargo do Plan de Recuperación do Goberno

    O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, resaltou esta mañá na Guarda “a grande oportunidade” do Plan de Recuperación para a transformación do sector turístico galego, durante a presentación da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España, na que Galicia é un dos dez territorios participantes. O proxecto está financiado por Turismo España con 1.999.980 euros a cargo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno. “Imos facer do Miño, e tamén do Sil, unha vía navegable, dende a provincia de Lugo, pasando por Ourense e Pontevedra, ata a súa desembocadura na Guarda”, valorou o delegado. A presentación tivo lugar no porto da Pasaxe-Camposancos, na Guarda, e nela participaron tamén o a alcalde da localidade, Antonio Lomba; o concelleiro da localidade lusa de Caminha João Antonio Branco Pinto; e o representante da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) José Manuel Fernández, que promove a iniciativa.

    José Miñones subliñou que o este proxecto é “unha nova mostra de que o Plan de Recuperación está chegando a todo o territorio, aos concellos, á cidadanía e ás empresas; neste caso, ao sector turístico”. O delegado insistiu en que a Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais (Rede CCF) supón unha grande oportunidade para A Guarda, para a Ribeira Sacra e os distintos destinos que ofrecen riqueza natural e cultural nas ribeiras do Sil e do Miño nas provincias e Lugo, Ourense e Pontevedra.

    Este proxecto representa dúas apostas firmes deste Goberno. Por unha banda, a sustentabilidade como base de transformación do sistema produtivo. Por outra, a cooperación entre territorios fronteirizos. Neste caso entre Galicia e Portugal, a ambas as dúas beiras do Miño.

    O delegado do Goberno reuniuse o pasado mes de marzo con José Manuel Fernández para coñecer esta iniciativa da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) que agora toma forma co apoio do Goberno. “O desenvolvemento de itinerarios náuticos e culturais encaixa perfectamente co potencial turístico que temos en Galicia e en Portugal”, valorou José Miñones, quen amosou a súa satisfacción por impulsar a modernización do sector en Galicia “para posicionarnos como destino turístico sostible no mercado internacional”.

    “O turismo do futuro será sostible ou non será. E estamos a aproveitar esta grande oportunidade do Plan de Recuperación do Goberno para transformar o noso modelo produtivo, para sermos máis competitivos e sostibles”, concluíu o delegado.

    Tag:A Guarda, Rede CCF, turismo

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda sitúa ao rural como eixo de futuro e emprendemento coa Feira de Emprego e Formación “Imaxinando Rural”
    9 Novembro, 2022

    Seguinte nova

    Preséntase na Guarda o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”
    9 Novembro, 2022

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda afianza a execución do seu Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD)
      8 Maio, 2025
    • Unha programación chea para esta Semana Santa
      9 Abril, 2025
    • O Concello da Guarda organiza catro andainas para este 2025
      13 Marzo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web