JURJO TORRES SANTOMÉ, CATEDRÁTICO DE DIDÁCTICA E ORGANIZACIÓN ESCOLAR, PRESENTA A CHARLA “DE FORMAR CRENTES E FORMAR CIDADÁNS: UNHA MIRADA CRÍTICA DENDE A PEDAGOXÍA” O XOVES 23 DE XULLO
O próximo xoves, 23 de xullo, o Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e Catedrático de Didáctica e Organización Escolar no Departamento de Pedagoxía e Didáctica na Universidade da Coruña, do que é director, presenta a charla “De formar crentes e formar cidadáns: unha mirada crítica dende a pedagoxía”, dentro do ciclo organizado polo Concello da Guarda “Diálogos de Educación”.
En esta terceira conferencia, como sucedeu nas anteriores, espérase que sexan moitos os mestres e mestras os que cheguen de diferentes puntos de Galicia. Estas charlas están concibidas como tertulias-coloquios informais nos que poden participar tanto o ponente coma os interlocutores.
Como todas as conferencias que forman parte de este ciclo, terá lugar no colexio PP. Xesuítas da Pasaxe, en Camposancos, e comezarás ás 20 horas.
A seguinte cita será o 30 de xullo coa conferencia “Mestres e mestras republicanos: O compromiso coa modernidade educativa” da man de Xosé Manuel Cid Fernández, catedrático da Universidade de Vigo. Despois as charlas serán o 20 e 27 de agosto e o 3 e 10 de setembro.