Máis de 1200 petiscos servidos confirman o éxito da Ruta “Petiscos con Arte” na Guarda
A Ruta “Petiscos con Arte” finaliza xa esta fin de semana despois de servirse máis de 1.200 petiscos na pasada fin de semana entre os 12 establecementos participantes.
O evento organizado a través da Concellería de Turismo, mistura a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos cun total de 12 petiscos diferentes e 12 exposicións de temática variada: fotografía, pintura, escultura e ilustracións.
Os hostaleiros participantes serviron un aproximado de 100 petiscos cada un na primeira fin de semana e o balance xeral desta campaña é moi positivo, cunha boa afluencia de comensais, que aproveitaron para gozar da oferta gastronómica, á vez que admiraron as 12 exposicións que se poden ver en cada local.
A Ruta “Petiscos con Arte” está aberta o venres e sábado en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.
Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertan un petisco ao simbólico prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, “montaditos”, tostas, sushi, entre outros.
Segundo manifestou Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo da Guarda, a finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, dinamizando o tecido de hostalaría do municipio nesta tempada post-estival cun valor engadido como é o arte, con exposicións para todos os gustos.
Art Café: Fabada guardesa Ilustración: “Ilustracións, serigrafía e pintura” Davida (Vigo) Boc and Pix: Capricho limeño Ilustración: “Somnium Pictura” Sarai Rodríguez Fernández (Tomiño) La Botica: Bandeiriñas españolas Pintura: “Bodegóns postmodernos” Gemma Marqués (A Guarda) Brétema: Salinas Pintura: “Meu Pobo” Cachi (A Guarda) O Cangrexal: Cielito lindo Pintura: “Cores do bosque” Teresa Dorado (Oia) Enxebre: Tiriñas de polo Fotografía: “Colección xentes do mar” Eliseo Alonso (Tomiño) |
A máis bonita: Makis Ilustración: “Maki-sashie” Tamara Baz (A Guarda) Marbella: Potaxe de garavanzos Pintura: “Rincóns de Galicia e Portugal” Nely R. Sánchez (A Guarda) El perro verde: Pincho perruno” Pintura: “Aves no fin da terra” José Arcas (Vigo) Terra Verde: A orella de Van Gogh Escultura e pintura: “Miscelánea” Modesto Rodríguez (Nigrán) Xantar: Delicias de outono Fotografía: “Cambia de perspectiva” Pablo Lubiáns (Pontevedra) Xeito: Papillote de solombo celta Pintura: “Recunchos da Guarda” Charo Trigo (A Guarda) |
Cada participante que deguste un petisco recibirá unha papeleta que cumprimentará cos seus datos persoais e depositará na urna para entrar no sorteo de 5 lotes de viño da Adega colaboradora Gran Novás. Haberá un pequeno acto de entrega aos premiados no sorteo (un premio por persoa).
Tag:A Guarda, arte, gastronomía, Petiscos con arte