Maratón solidario ciclo indoor
O sábado 9 de Abril celebrouse na Piscina Municipal da Guarda un maratón solidario de Spinning con inscrición aberta. Cada participante pedaleou o que quixo: dende 10 minutos ata as 3 horas e media dalgúns valentes que puxeron a proba a súa condición física, nunha xornada ante todo lúdica e divertida que se prolongou dende as 9 ata as 14 horas.

Diferentes profesoras da instalación foron as encargadas de dinamizar as diferentes clases que se impartiron; a música e a alegría inundou a sala toda a mañá. Houbo tamén participantes na Fila 0 que colaboraron sen pedalear, aportando alimentos para axudar ás familias máis necesitadas do Concello que se distribuirán a través do departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. A dirección da instalación agradece enormemente a participación e a colaboración.