Melchor, Gaspar e Baltasar reciben aos nenos e nenas da Guarda
Os Reis Magos chegaron a vila da Guarda puntualmente ás 18 horas A Guarda. Xunto a un séquito de máis de trinta paxes, Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron a todos os nenos e nenas guardeses na Casa dos Alonsos.
Acompañados pola música da charanga “Os Zanfonos” e do grupo de gaitas da Terceira Idade e tamén polo baile do grupo Xamaraina, os esperados Reis Magos, foron atendendo un a un a multitude de rapaces e rapazas que lles esperaban.
Preto dos 700 nenos e nenas puideron contarlle a Melchor, Gaspar e Baltasar o que pediran de regalo e ademais, algúns deles, facerlle entrega da carta de desexos. Outros, con ilusión, quixeron regalarlle divertidos debuxos, e incluso houbo algún que lle entregou o seu chupete.
Os Reis Magos fixéronse fotografías con todos eles e ademais, fixéronlle entrega dun pequeno agasallo e unha bolsa de gomilonas.
Mentres, os paxes, percorreron a fila entregando caramelos a nenos, pais e nais, avós e avoas. En total, repartíronse preto dos 300 quilogramos de caramelos.
A gran recepción real foi un éxito, e isto notábase na cara de ledicia dos pequenos e pequenas que podían ver aos Reis Magos de preto.
Dende o Concello da Guarda queremos dar as gracias a Melchor, Gaspar e Baltasar, e tamén a todos os guardeses e guardesas que fixeron desta celebración un momento moi especial.