Melloras no pavimento en diversos puntos da Guarda para aumentar a seguridade vial
A Guarda renova o pavimento en diversos puntos do municipio para aumentar a seguridade vial nos mesmos.
Trátase do pavimento das rúas Irmáns Noia Xil, no tramo comprendido entre as praias de Fedorento e da Area Grande, e no tramo da PO-353 entre o cruce de Pintán e o límite co Concello do Rosal.
Deste xeito, estes tramos danados polos temporais de inverno e/ou polo alto número de vehículos que circulan por eles, ofrecen agora unha maior seguridade, sobre todo, de cara o inverno, onde un bo asfalto é clave para circular con seguridade ante as chuvias.
Estas intervencións realizáronse coa subvención do Plan Concellos 2022/2023 que ascendeu a 30.150,93€ e unha aportación por parte do Concello de 3.615,51€.