(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Moi boa acollida do ciclo “Diálogos en Educación” promovido polo Concello da Guarda nos meses de xullo, agosto e setembro

    Moi boa acollida do ciclo “Diálogos en Educación” promovido polo Concello da Guarda nos meses de xullo, agosto e setembro

    • Publicado por Concello
    • Categorías Cultura
    • Date 24 Setembro, 2015

    O ciclo de tertulias “Diálogos en Educación” promovido polo Concello da Guarda, que se celebrou durante os meses de xullo, agosto e setembro no recinto exterior do Colexio dos Xesuítas da Pasaxe (Camposancos), tivo moi boa acollida, tanto por parte dos profesores e profesoras universitarios que acudiron convidados para abordar diferentes temas dos que son especialistas, coma polas decenas de persoas que se interesaron e asistiron regularmente os coloquios.

    “Diálogos en Educación” é unha actividade de carácter divulgativo para a que se escolleu un formato pouco convencional como é a tertulia aberta, pero máis participativa e dinámica que a que ofrece unha conferencia maxistral nun local pechado.

    Nas tertulias participaron unha serie de profesoras e profesoras das tres Universidades galegas, cada un deles convidado a participar partindo dun tema concreto. Comezou Concepción Sánchez Blanco, Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación e profesora da Universidade da Coruña o día 2 de xullo, abordando o tema “Infancias nómadas. Educando no dereito á mobilidade”; a semana seguinte, 8 de xullo, Alfredo Campos, tamén Doutor en Filosofía e Ciencias de Educación e catedrático da Universidade de Santiago tratou o tema “A importancia da memoria e as estratexias de aprendizaxe no ensino” contribuíndo a rachar con estereotipos e prexuízos respecto do uso da memoria no contexto educativo. Jurjo Torres Santomé, catedrático de Didáctica na Universidade da Coruña, ademais de Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación achegouse o día 23 de xullo. Torres Santomé, presentou o tema “De formar crentes a formar cidadáns: unha mirada crítica desde a Pedagoxía”, charla na que expuxo como, ao longo da historia, as políticas educativas serviron para construír modelos sociais ao servizo dos intereses de grupos concretos.

    Pola súa banda Xosé Manuel Cid, profesor do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa na Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Vigo, presentou o debate “Mestras e mestres republicanos: o compromiso coa modernidade educativa” o día 30 de xullo, no que se referiu ao xeito de facer escola daqueles profesores espallados polo rural galego durante o breve tempo da II República. O 20 de agosto, Antón Costa Rico, Catedrático de Teoría e Historia da Educación da USC falou das “Luces e sombras na política educativa galega desde a Transición Democrática”. Costa motivou un interesante debate arredor dos acertos e os erros na construción dun modelo educativo axeitado ás peculiaridades galegas a partir da etapa autonómica.

    O seguinte participante en asistir a “Diálogos en Educación” foi Miguel Anxo Santos Rego. Este Doutor en Filosofía e Ciencias de Educación e Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, quen presentou ante o público o tema “Os Concellos e a Educación. Problema ou oportunidade?”, no que, entre outros aspectos, analizou a situación actual dos concellos e as súas oportunidades de intervención educativa no ámbito extraescolar. Araceli Serantes Pazos, Doutora en Psicopedagoxía e profesora da UDC foi quen de falar de “A conciencia ambiental: unha necesidade social e un reto educativo”. A Doutora expuxo a necesidade de artellar compromisos educativos coa sensibilidade ambiental e as oportunidades que brinda o espazo escolar como un contexto onde crear conciencia entre os máis cativos.

    Por último Pedro Caselles Beltrán, mestre e licenciado en Filosofía e Letras, foi o encargado de pechar esta iniciativa o día 10 de setembro co tema “Política e Educación. Camiño de volta dun técnico de Estado na Transición Democrática”. Coa súa visión persoal, Caselles, relatou algúns aspectos das política educativa desde a súa experiencia como técnico. e tamén contou anécdotas desde a súa ampla experiencia en diversos postos de responsabilidade na administración educativa estatal durante a Transición.

    En todos estes coloquios, ademais das decenas de interesados por estes temas, estivo presente o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen de profesión é mestre. Lomba afirmou que este foi un proxecto “arriscado e ambicioso pero a vez ilusionante”.

    O alcalde guardés recoñeceu que durante o verán foi moita a xente que felicitou ó Concello por esta iniciativa. “O resultado foi moi bo, incluso mellor do que esperabamos, tanto pola asistencia como polo gran de participación nos coloquios”, dixo Lomba.
    Antonio Lomba non dubidou en agradecer a Xosé Manuel Malheiro a proposta e a súa participación no proxecto.

    Pola súa banda, Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, Mestre e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e profesor na Facultade de Ciencias da Educación da UDC e impulsor desta actividade, comentounos que, pese a ser unha proposta arriscada polo calendario, pola continuidade das sesións durante todo o verán, polo propio horario e polo contexto escollido para a súa realización, está “satisfeito” pola acollida das tertulias. Xosé M. Malheiro explica que o grao de participación foi alto ao superar a cifra de 30 persoas por sesión, chegando nalgunha ocasión a congregar un grupo de máis de 50.
    Satisfeito tamén pola propia heteroxeneidade dos participantes, cumprindo así un dos obxectivos como era involucrar a toda a cidadanía na problemática educativa, máis alá do profesorado ofertando un abano de temas variado, suxestivo e accesible.

    Por último, amosouse contento por poder organizar unha actividade dunha extraordinaria calidade intelectual sen que iso implicara empregar grandes recursos materiais. Malheiro quixo dar as grazas tanto aos responsables do Concello da Guarda por abeirar institucionalmente esta idea, coma aos profesores e profesoras participantes por compartir xenerosamente o seu tempo vacacional de descanso e lecer, aos técnicos municipais polo traballo organizativo e colaborativo para que, entre todos, a actividade puidera ser levada a cabo con tanto éxito.

                                                          

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    RECOÑECEMENTO DA FRONTEIRA HISPANO-PORTUGUESA
    24 Setembro, 2015

    Seguinte nova

    SERVIZOS DE AUTOBÚS Ó HOSPITAL "ÁLVARO CUNQUEIRO" DE BEADE (VIGO)
    28 Agosto, 2015

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web