RECOÑECEMENTO DA FRONTEIRA HISPANO-PORTUGUESA
Moita xente non coñece que existe un tratado de límites entre España e Portugal que data de 1864 e que establece deberes aínda na actualidade. Neste tratado establécese a obriga dos concellos fronteirizos, dos dous lados da raia, de facer anualmente un recoñecemento da liña fronteiriza e levantar acta do mesmo.
Así, cada ano dende aquela data (en teoría), cítanse os alcaldes dos concellos que comparten fronteira para asinar a mencionada acta.
Por suposto na actualidade non se recoñece sobre o terreo a liña entre España e Portugal, non é necesario dada a boa de relación de veciñanza entre os dous pobos e os modernos sistemas de xeoreferenciación. O acto quédase nunha reunión protocolaria na que se asinan os papeis e que os responsables municipais aproveitamos para estreitar relacións e falar das cousas que nos unen.
Como alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tivo ocasión de participar por primeira vez en tan histórico evento fai uns días. Este ano 2015 a cita celebrouse na casa do concello da Guarda, estaban presentes a primeira tenente de alcalde do Rosal, María del Carmen Alonso, o presidente da Cámara de Caminha, Miguel Alves e Antonio Lomba.