Mulleres en Acción Violencia Zero trae á Guarda a acción “Reguetón” de Lúa Mosquetera
• Terá lugar o luns día 26 de outubro ás 16:00h no Campo de Fútbol da Sangriña
O vindeiro luns día 26 de outubro de 2020 ás 16:00h o Campo de fútbol da Sangriña acolle a acción “Reguetón” de Lúa Mosquetera a través da Campaña da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.
Poesía feminista con base musical de reguetón. Trátase dunha enumeración de varios micromachismos que se sofren a diario (baseado en testemuños reais) cunha reflexión final que invita a cuestionarse certas actitudes cotiás.
Collemos un xénero musical tipicamente machista para concienciar sobre actitudes que nos prexudican e toleramos completamente de maneira inconsciente. Incita ao cambio e á busca da igualdade.
Lúa Mosquetera (Miño, 1988)
Lúa Mosquetera naceu en 1988 e estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou o seu primeiro poemario (autoeditado), Rasrás, en 2018, e desde entón participou en numerosos festivais recitando a súa poesía, sempre acompañada da guitarra do músico Mori4rty.
Destacan as súas intervencións no festival Elas Son Artistas, no Festival de Música e Artes Loro Facu ou no FestivalInternacional de Poesía e Performance Kerouac .