Multitudinaria Cabalgata de Reis Magos na Guarda
O Sábado día 5 de xaneiro as rúas da Guarda enchéronse de persoas que acudiron para presenciar a tradicional Cabalgata de Reis, un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, cun percorrido entre a Alameda da Guarda e a Casa dos Alonsos, onde se realizou a recepción real aos nenos e nenas.
A Cabalgata de Reis contou co acompañamento dunha comitiva de paxes, a participación do Clube da Terceira Idade da Guarda, Marcando Pasos do Centro Deportivo Baixo Miño, o grupo Do Lusco ó Fusco e a charanga Vaia Panda que amenizou musicalmente este multitudinario e colorido evento.
Os Reis Magos percorreron a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia nas súas carrozas para rematar na Casa dos Alonsos, onde recibiron aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos. Durante o percorrido repartiron milleiros de caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.
A recepción real congregou a máis dun milleiro de persoas na Praza do Reló.
Tag:A Guarda, Cabalgata, Reis Magos