MÚSICA E CINE NA PRAZA DO RELÓ
Mañá, xoves 30 de xullo, a Agrupación Municipal da Guarda organiza, dentro dos eventos conmemorativos do seu X aniversario e coa colaboración do Concello, un Concerto de Bandas Sonoras de Películas.
Mentres a Banda Municipal interpreta as bandas sonoras más relevantes tanto do cine nacional coma do internacional, os asistentes ó espectáculo poderán desfrutar coa proxección das imaxes das películas ás que pertencen.
Entre outros temas, a agrupación deleitará coa banda sonora dalgunha película de Charles Chaplin, de Piratas do Caribe, da Pantera Rosa, da Máscara do Zorro ou da película Memorias de África.
O espectáculo estará presentado polo actor e director guardés Nani Matos.
A cita será ás 22,30 horas na Praza do Reló.
A entrada é totalmente gratuíta e o espectáculo é apto para todo tipo de público.