(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Música, solidariedade e moita cultura para gozar da fin de semana na Guarda

    Música, solidariedade e moita cultura para gozar da fin de semana na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 3 Novembro, 2017

    Esta tarde comezaremos a dar a benvida á fin de semana con música e cultura na Guarda, celebrando o vixésimo aniversario da creación da asociación Avelaíña e o inicio das «Barferencias de Inverno 2017/2018».

    A asociación guardesa de axuda a persoas con enfermidades mentais conmemorará as súas dúas décadas de vida cunha festa aberta ao público na Alameda, onde actuarán os grupos Perseide e ‘Que Panorama’ de Avelaíña, amais do DJ Aser. A festa de aniversario comezará ás 17:00 horas e agasallará aos asistentes cun chocolate quente de balde.

    Xa pola noitiña, poderemos gozar da nova tempada de faladoiros informais polos bares da nosa vila. A primeira «barferencia» terá lugar no local Arruaz ás 20:30 horas, co Pai Baltasar Merino como protagonista. O presidente de OR.PA.GU., Joaquín Cadilla, será o encargado de guiar a charla sobre o botánico e meteorólogo xesuíta cuxo centenario de pasamento se conmemora este 2017, centrándose no seu libro «Estudio sobre las Borrascas de la Costa Occidental de Galicia (1893)».

    O sábado, pola súa parte, a Comunidade de Montes de Camposancos celebra unha nova sesión de «Música e palabras» na Casa Cultural da parroquia guardesa. Esta é unha actividade na que todas aquelas persoas que o desexen poderán participar coa lectura dun texto literario -clásico ou propio-, tocando un instrumento ou, simplemente, acudindo como público da xornada cultural.

    Mañá será o derradeiro día para experimentar a mostra «Proxecto táctil» no Centro Cultural. Para percorrer esta exposición convídase ás e aos participantes a facer uso de antefaces para percibir as obras unicamente coas súas mans. Ao ter que ‘ver’ as obras sen facer uso do sentido da vista, pódese experimentar a forma en que as persoas cegas perciben os obxectos. A exposición permanecerá aberta no horario habitual do Centro Cultural, isto é, de 10 a 13 h e de 17 a 20 h de luns a venres, e os sábados en horario de mañá.

    A fin de semana terá tamén un carácter solidario na nosa vila coas actividades organizadas pola asociación Conrazones de axuda a familias e persoas en situación de extrema necesidade. Mañá a partir das 17:00 horas a entidade celebrará unha xornada de portas abertas e un magosto amenizado polo grupo O Trebón dos Xidos na escola de Siete Caminos. O domingo, a Alameda da Guarda acollerá un mercado solidario a favor dos usuarios da asociación a partir das 10:00 horas.

    • Barferencia 2017/2018: Referencia o Pai B. Merino
    • Avelaíña, 20 aniversario
    • Música e Palabras
    • Proxecto Táctil
    • Fin de semana solidaria Conrazones

    Tag:Alameda, Avelaíña, Barferencias, Conrazones, fin de semana, Pai Baltasar Merino, Programación cultural, Proxecto táctil

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O Concello da Guarda organiza unha nova andaina entre Leiro e Pazos de Arenteiro
    3 Novembro, 2017

    Seguinte nova

    A Guarda conmemora o XV aniversario do Prestige cunha homenaxe á «Marea Branca»
    3 Novembro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • A Festa do Santísimo deste domingo encherá as rúas da Guarda de alfombras florais
      16 Xuño, 2025
    • Novo contacontos na Biblioteca Municipal para despedir o curso
      16 Xuño, 2025
    • A Guarda presenta un libro que recolles as postais da vila ata 1940
      13 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web