«Nadal con Paio e Aurelio» encheu de nenos e nenas o Centro Cultural da Guarda
O pasado venres día 3 de xaneiro o Centro Cultural da Guarda acolleu o espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio», unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e que completou o aforo con centos de nenos e nenas que aproveitaron esta actuación para pasar unha tarde diferente e divertida.
«Nadal con Paio e Aurelio» é un espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 5 personaxes fixeron as delicias dos máis pequenos da casa.
A compañía viguesa Oviravai está especializada na realización de espectáculos infantís a través da música. Despois dos éxitos do Libro Cds “As andanzas de Paio” (Galaxia, 2016) e “Paio e o poder da música”, chegou á Guarda co seu último e novo espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio», cunha excepcional acollida de público.
Tag:A Guarda, Nadal, paio e aurelio