Nova cita cos “Contos Contados”
A cita é o sábado 9 de xaneiro
Este sábado, día 9 de xaneiro, os nenos e nenas da Guarda teñen unha nova cita na Biblioteca Municipal para gozar dunha nova sesión de “Contos Contados”.
Tras escoitar unha nova historia, os rapaces e rapazas traballarán no conto acompañados pola bibliotecaria.
O Concello da Guarda convida a todos os nenos e nenas a desfrutar desta actividade coa que se busca fomentar a lectura e achegar a biblioteca aos rapaces.