(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Nova entrega teatral na Guarda este sábado coa obra “As Alumnas”

    Nova entrega teatral na Guarda este sábado coa obra “As Alumnas”

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 31 Outubro, 2023
    Nova entrega teatral na Guarda este sábado coa obra “As Alumnas”
    • Será o vindeiro sábado ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda

     

    O ciclo Outono Teatral continua esta semana na Guarda coa representación de “As Alumnas”, unha obra que recupera a historia de María Barbeito (A Coruña, 1880-1970, destacada mestra, pedagoga e escritora e unha das figuras femininas de máis destaque na Galicia urbana do primeiro tercio do século XX. Renovadora e impulsora  de novas consideracións pedagóxicas e sociais na escola, María Barbeito mantivo unha forte implicación ideolóxica cara a ideas progresistas que lle levaron trala Guerra Civil a ser apartada do eido educativo.

     

    Na obra que veremos este sábado ás 20.30h. no Centro Cultural, dúas antiguas alumnas de María Barbeito atópanse tralo seu falecemento en 1971 lembrando a súa infancia e a súa educación con ela. Tras ter sido afastada da docencia polo Comité de Depuración, Elvira e Rosa son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, o medo, e a rebeldía.  Ademáis deste percorrido íntimo, os temas centrais da obra son a memoria histórica, a educación  e o retroceso que esta sufriu nos anos posteriores á Guerra Civil, así como os cambios sociais vividos naqueles anos de xuventude das protagonistas.

     

    As Alumnas ven de recibir recentemente o Premio Nacional de Literatura Dramática, para a súa autora, Paula Carballeira, unha das mais prolíficas narradoras e escritoras teatrais galegas. Conta na dirección con Fina Calleja e con Mónica Camaño e Anabel Gago como reparto.

     

    Esta representación, xunto coa próxima entrega de teatro para público adulto, “Iphixenia na porta do súper” do día 25 de novembro forman parte das actividades de concienciación sobre a muller e a violencia machista e foron organizadas conxuntamente dende o Departamento de Cultura e o Centro de Información á muller da Guarda. E contan co financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2023,  así como do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

    Tag:A Guarda, cultura, outono, Teatro

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Nova exposición de debuxos de David Pérez Rego na Casa do Concello da Guarda
    31 Outubro, 2023

    Seguinte nova

    Actividades culturais con motivo do 25N na Guarda
    2 Novembro, 2023

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web