Novas accións formativas propostas pola Omix da Guarda para Abril e Maio
Neste abril arrancou un curso de inglés proposto dentro das iniciativas da OMIX deste ano 2019.
Ademais e coa colaboración da Escola superior Gallaecia levaranse a cabo dous obradoiros sobre «Cómo realizar un proxecto artístico?» e «Técnicas de comunicación».
O primeiro titulado «Cómo realizar un proxecto artístico?», terá unha duración de tres horas, o día 3 de maio de 16 a 19 horas nas que tratarase os seguintes temas: definición dun proxecto artístico, temáticas e procesos creativos, planificación e memoria dun proxecto creativo.
O segundo dos obradoiros desenvolverase no mes de maio, «Técnicas de comunicación» coa seguinte programación: procesos info comunicativos, comunicación e información dixital e ferramentas comunicativa e que se impartirá o día 7 de xuño de 16 a 19 horas.
Para esta formación as persoas interesadas terán que dirixirse ata a OMIX ou poñerse en contacto a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 61 0000.