A estación de servizo de San Roque conta xa co novo servizo de retirada de diñeiro en efectivo. O pasado domingo, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou esta estación estreando o servizo na gasolineira. Este servizo …
O Concello da Guarda, en colaboración coa asociación FOCO, organiza novos obradoiros de teatro para nenos e nenas de 6 a 12 anos durante o curso 2025/2026, é dicir, para o alumnado de Educación Primaria. Serán espazos creativos, dinámicos e …
Esta mañá presentouse a III Marcha de Enduro BTT, co alcalde da Guarda, Roberto Carreo, o concelleiro de Deportes, Celso Fariñas e os organizadores da marcha, Insitu Ciclismo. O domingo pola mañá, a Baixomiño Enduro Experience tomará os montes da …
A XXIII Carreira pedestre popular Julia Vaquero celebrarase o sábado 13 de setembro dentro da programación das Festas das Mercedes. As carreiras comezarán a partir das 18:00 horas na Gándara con categorías masculina e feminina en diferentes rangos de idades, …
Verán de récord das visitas guiadas no castro Santa Trega. Nos meses de xullo e agosto realizáronse visitas guiadas de martes a domingo en 4 quendas ao día, ás que acudiron máis de 7.000 persoas, case duplicando os datos de …
A foodtruck da campaña Galicia Sabe Amar da Xunta de Galicia volve facer parada na Guarda. Esta campaña busca impulsar o consumo de produtos do mar e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. A …
Hoxe o alcalde da Guarda, Roberto Carreo, fixo entrega dos diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego Manuel Portela X. Durante 9 meses, participaron neste obradoiro dual, no que combinaron formación e traballo de albanelería. O seu proxecto desenvolveuse no …
O Concello da Guarda vén de adquirir a propiedade da rúa Ireira, 10, para a futura prolongación da rúa do Baixo Muro e a súa conexión coa rúa Ireira. Con este proxecto, a rúa do Baixo Muro obtería unha mellor …
Unión Fenosa avisa de que esta madrugada produciranse cortes de luz programados para realizar traballos de mantemento. Na rúa Porto Rico, nº 15, a interrupción será entre a 1:15h e as 4:00h. Produciranse cortes de 3:00h a 6:00h na rúa …
Xa temos nova data para o agardado concerto de The Rapants, o próximo xoves 4 de setembro, para desfrutar das últimas xornadas antes da rutina do novo curso. Esta banda galega destaca pola súa frescura no panorama musical galego, con …









