O 24 de novembro ábrese o prazo de inscrición para o curso “Brincadeiras de sempre”, dentro da acción da Deputación Tecendo lazos
O concello da Guarda impartirá o vindeiro mes de decembro, a través da acción da Deputación Tecendo lazos, o curso “Brincadeiras de sempre”.
O concello da Guarda impartirá o vindeiro mes de decembro, a través da acción da Deputación Tecendo lazos, o curso “Brincadeiras de sempre”.
O programa Tecendo lazos da Deputación de Pontevedra ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre cos que se pretende crear espazos para o encontro entre diferentes xeracións poboacionais.
En concreto o curso “Brincadeiras de sempre”, que se impartirá na Guarda, busca que a través da construción de xoguetes tradicionais cos que se xogaba noutrora, pequenos e maiores interactúen e creen eses espazos comúns. Ademais, á súa vez, os pequenos terán a oportunidade de amosar aos seus familiares os xoguetes e xogos actuais.
O curso terá unha duración total de 16 horas e comezará a mediados do mes de decembro. Nel poden participar todas as persoas que o desexen, de todas as idades. Terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións: avós/avoas e netos e netas; pais/nais e fillos/as, etc. Os nenos e nenas de entre 13 e 17 anos que queiran acudir sós deben achegar o consentimento da nai/pai ou titor/a. No caso dos menores de 13 anos, só poderán asistir se van acompañados dun titor.
O prazo de inscrición estará aberto dende este xoves 24 de novembro ata o venres 9 de decembro. As inscricións se realizarán a través dunha solicitude que poden recoller na OMIX e que deberán achegar xunto cunha fotocopia do DNI e o xustificante de empadroamento.