O 9 de maio abre o prazo de solicitude de reserva de prazas para a Escola Infantil Municipal
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que a Escola Infantil Municipal abrirá do 9 ata o 31 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2022/2023.
As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes por sede electrónica ou nas dependencias municipais.
Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.
Tag:A Guarda, educación, Escola infantil, prazas, Solicitude