(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • O alcalde da Guarda entrega os premios do “Concurso Día Mundial do Turismo”

    O alcalde da Guarda entrega os premios do “Concurso Día Mundial do Turismo”

    • Publicado por Concello
    • Categorías Turismo
    • Date 7 Novembro, 2016

    O concello da Guarda acolleu este luns, día 7 de novembro, ás 12 horas, a entrega dos galardóns ós premiados do “Concurso Día Mundial do Turismo”.

    O concello da Guarda acolleu este luns, día 7 de novembro, ás 12 horas, a entrega dos galardóns ós premiados do “Concurso Día Mundial do Turismo”. Este certame, organizado dende a Concellería de Turismo da Guarda, conmemora o Día Mundial do Turismo, celebrado o pasado 27 de setembro, á vez que promove a creatividade no ámbito da fotografía e tamén pon en valor os recursos naturais, patrimoniais e atractivos turísticos da vila.

     

    A este acto acudiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Turismo, Montse Magallanes; o primeiro premiado, Francisco Javier González Fernández, de Vigo; e unha persoa en representaciónde Tatiana Soynikova, da Guarda, que recibiu o terceiro premio. O segundo premiado, Salvador Linares Fernández, non puido acudir, dado que reside en Valencia, pero xa se puxo en contacto co concello para expresar a súa alegría polo recoñecemento.

     

    Durante o discurso previo á entrega dos premios, o alcalde da Guarda deu os seus parabéns ós premiados, comentou as tres imaxes e destacou o curioso feito de que as tres fosen imaxes do Porto. De feito, das 33 obras presentadas a concurso, a gran maioría, 20 fotografías, eran do Porto. Do resto, había imaxes de praia, do Castelo de Santa Cruz, do Estuario, das alfombras do corpus e doutros lugares da vila.

     

    Pola súa banda, a concelleira quixo amosar a súa satisfacción pola participación e o nivel das obras presentadas polos participantes, un total de 9 autores dos que 5 eran da Guarda, 2 de Nigrán, 1 de Vigo e outro de Valencia.

     

    A continuación, o alcalde e a concelleira fixeron entrega dos premios, que consistían, para o primeiro premiado, nunha estancia de 7 noites no Aparthotel Marouco; o segundo premio, nunha estancia de 7 noites no Camping Santa Tecla; e o terceiro, unha cena para dúas persoas no Restaurante Casa Chupaovos. Ademais, tamén recibiron un diploma e un pequeno detalle feito a man.

     

    Por último, o alcalde agradeceu a Juan Castro, do Restaurante Chupaovos e a Jose Coello, dono do Aparthotel Marouco e do Camping Santa Tecla, a súa colaboración.

     

    Durante o distendido acto, tanto os participantes como as autoridades e hostaleiros presentes coincidiron en que A Guarda é un lugar único pois, a pesar de ser unha vila pequena, ten unha gran variedade de paisaxes e lugares fermosos e moi distintos. Isto fai difícil plasmar o que representa a Guarda nunha soa imaxe. Non obstante, a calidade das tres imaxes premiadas fixo que foran as elixidas para representar á Guarda e protagonizar as próximas campañas turísticas do concello.

     

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    Francisco, o avó de Camposancos, celebrou o seu centenario rodeado da súa familia, o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais da Guarda no sábado do Monte
    7 Novembro, 2016

    Seguinte nova

    Curso de Formación Continua para Persoal Técnico de Clubs deportivos o 25 e 26 de novembro en Poio
    17 Novembro, 2016

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web