O alcalde da Guarda recibe a Helena tras o remate da rodaxe do seu documental
Esta tarde o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, recibiu a Helena Alonso. Helena encabeza un grupo de seis estudantes do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa de Ourense para a realización dun documental.
“Entre o mar e terra” estivo gravándose durante esta semana na Guarda e pon o foco na memoria mariñeira da nosa vila, establecendo un diálogo e comparativa coa realidade actual.
Aínda que o “o relato se constrúe desde a experiencia do meu avó”, conta Helena, trátase dunha “historia compartida da nosa costa e, en xeral, de toda a Galicia mariñeira”. Helena e todo o equipo están moi contentos co resultado da rodaxe e con toda a axuda recibida, tamén do propio Concello.
O alcalde aproveitou a ocasión para “pedir facer a estrea na Guarda para que todos os guardeses e guardesas podamos desfrutar deste documental”.
Que ganas!



