O alcalde e a concelleira de servizos sociais da Guarda celebran o centenario do veciño Vicente Sobrino Vicente
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a Concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente compartiron ,o pasado sábado día 11 de xuño, a celebración do 100º aniversario do veciño da localidade Vicente Sobrino Vicente.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente compartiron ,o pasado sábado día 11 de xuño, a celebración do 100º aniversario do veciño da localidade Vicente Sobrino Vicente.
Esta celebración reuniu á meirande parte dos seus sobriños, que lle deron a seu tío unha festa sorpresa, incluída a presencia das autoridades locais que asistiron para felicitar a un guardés destacado que, durante estes 100 anos, viviu unha vida plena e chea de aventuras. Vicente Sobrino Vicente percorreu o mundo en tres ocasión, unha en barco, outra en avión e unha terceira vez nunha ruta que combinou os dous medios de transporte.
Vicente estivo moi animado e compartiu co alcalde uns intres de tertulia na que contou algunhas anécdotas do pasado. A maior parte da súa vida pasouna en Puerto Rico, onde casou cunha guardesa cuxos pais eran orixinarios da rúa Oliva.