(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.

Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • Suspendida a charla prevista para este venres na Guarda

    Suspendida a charla prevista para este venres na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Desenvolvemento local, Xeráis
    • Date 12 Marzo, 2020
    • Comentarios 0 comentarios

    -ACTIVIDADE SUSPENDIDA-

    Este venres día 13 de marzo ás 20:00h a Casa dos Alonso acolle unha charla-coloquio enmarcada nas actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

    A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    Nesta charla-coloquio, titulada “O Camiño como produto cultural e turístico: oportunidades no desenvolvemento local”, contarase coa participación de Xosé Manuel Santos Solla, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e algúns emprendedores entorno ao Camiño Portugués: Albergue O Peirao, Tuitrans e Rincón Peregrino.

    O obxectivo desta xornada é o de debater sobre o Camiño de Santiago e as oportunidades que ofrece na economía e no desenrolo local súa evolución, así coma atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila. A tal fin a charla articúlase mediante as ponencias de Xosé M. Santos, catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Santiago e director do Centro de Estudos Turísticos (USC) entre 2005 e 2014, que ten traballado amplamente o impacto do turismo con especial preocupación polas cidades históricas, os itinerarios culturais e o desenvolvemento rural. A visión global que nos brindará Santos Solla sobre o Camiño de Santiago e o seu efecto e posibilidades no turismo, sumaranse a visión de diferentes emprendedores locais que souberon atopar oportunidades de negocio no feito da peregrinación xacobea.

    A charla contará tamén con Fátima Rodríguez Marcos, consultora en Talentea RRHH e concelleira de participación cidadá na Guarda, que guiará as ponentes coa idea de presentalos e ofrecer unha visión de conxunto sobre as oportunidades e posibilidades que presenta o Camiño de Santiago de cara a desenvolvemento local.

    Intervirá tamén Xosé Manuel López, xerente da empresa TuiTrans, empresa radicada en Tui e que opera nos diferentes Camiños de Santiago e ofrece ós peregrinos a posibilidade de transportar os seus equipaxes entre os diferentes puntos do camiño. Tuitrans é unha empresa tudense, creada no 2011 que ofrece transporte de equipaxes a peregrinos e camiñantes. Traballan tanto con profesionais, como con particulares que precisen o traslado de equipaxes ou persoas, dende Oporto ata Santiago, polo Camiño Central e polo Camino da Costa, cubrindo cada día 570km por todas as estapas do Camiño.

    Olalla e Fernando Alvarez Troncoso irmáns e responsables do Albergue O Peirao, falarán sobre o seu proxecto empresarial, o primeiro albergue de peregrinos privado da Guarda e que naceu coa voación de negocio sostible, articulando e potenciando o significado da peregrinación tamén como forma turística sostible e integrada na paisaxe urbana/histórica guardesa.

    É un albergue que se atopa nunha casa mariñeira do ano 1957 que foi rehabilitada, e da que se mantivo a fachada e o máximo posible da estrutura interior. A Asociación de Redeiras Atalaia colaborou na decoración do albergue para darlle a temática mariñeira e así por en valor a historia da propia casa. A sostibilidade é moi importante, por iso só utilizan produtos naturais e consumibles reciclados, acadando un albergue respectuoso co seu entorno, tanto a nivel medioambiental como histórico e patrimonial.

    O Rincón Peregrino, foodtruck situado en Viladesuso (Oia) é unha empresa que oferta cafés e chocolate quente ós peregrinos, así como deliciosos muffins e bizcoitos. Esta idea de negocio ven a cubrir unha importante necesidade no camiño onde os pergrinos percorren kilómetros sen ter moitos espazos de lecer, descanso ou refrixerio.

    A idea desta ponencia é valorar da man dun experto na materia e de tres iniciativas locais a importancia que ten o Camiño de Santiago de cara a buscar novas oportunidades de negocio, que de convertan en base de desenvolvemento da localidade.

    Máis actividades

    O 27 de marzo ás 20:30h no San Xerome continúan as actividades cunha nova xornada titulada “O Camiño como forma diferente de viaxar: motivacións e experiencias”, na que se contará coa proxección do documental Santiago´s Way e rematará cunha charla-coloquio entre os asistentes.

    No mes de abril pecharase o ciclo de “Falemos no Camiño” coa xornada “Unha mirada histórica sobre o Camiño Portugués da Costa”, que contará coa presenza de Grato E. Amor Moreno e Ermelindo Portela Silva, realizarase o 17 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.

    Visitas teatralizadas

    As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.

    A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020. As inscricións poden realizarse no formulario web: https://forms.gle/RY58NechAeqmeJfN9

    Tag:A Guarda, Camiño de Santiago, charla, desenvolvemento local

    • Compartir:
    prensa

      Anterior nova

      O Concello da Guarda adopta medidas de prevención fronte ao coronavirus COVID-19
      12 Marzo, 2020

      Seguinte nova

      O Concello da Guarda suspende o mercadillo semanal dos sábados
      13 Marzo, 2020

      Tamén te poden gustar

      • Dende o concello da Guarda esperamos que o comezo das obras do enlace de Areas sexa o principio da culminación da Autovía Tui-A Guarda
        25 Xaneiro, 2021
      • Información sobre a situación sanitaria na Guarda por COVID-19 (21/01/2021)
        21 Xaneiro, 2021
      • Apoia á hostalería da Guarda – Consume local
        21 Xaneiro, 2021

      Deixa un comentario Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Categorías

      • Cultura
      • Deporte
      • Desenvolvemento local
      • Educación
      • Educación familiar
      • Escola Infantil
      • Medio ambiente
      • Muller
      • Novas tecnoloxías
      • Outras
      • Patrimonio
      • Policía local
      • Sen categoría
      • Servizos sociais
      • Turismo
      • Urbanismo
      • Vías e obras
      • Xeráis
      • Xuventude
      • | Novas Destacadas
      • | Perfil do contratante
        • Adxudicacións definitivas
        • Adxudicacións provisionais
        • Anuncios de licitacións
        • Mesas de contratación
        • Pregos de contratación
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      APP MOBIL

      Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

      Aplicación de A Guarda para IOS
      Aplicación de A Guarda para Android

      Concello

      • Diríxete ao alcalde
      • Horarios de Interese
      • Sede Electrónica

      Información

      • Asociacións e grupos
      • Teléfonos de Interese
      • Farmacia de garda

      Recomendado

      • Axenda
      • Novas

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Aviso legal
      • Política de cookies
      • Política de privacidade
      • mapa web