O campamento urbano de verán da Guarda rematou tras un mes cheo de actividades educativas e de lecer
Con final do mes de xullo, tamén chegou ó seu remate o Campamento urbano de verán que se ven celebrando durante as mañás de todo o mes na Guarda.
Con final do mes de xullo, tamén chegou ó seu remate o Campamento urbano de verán que se ven celebrando durante as mañás de todo o mes na Guarda.
Neste mes os cativos que participaron no Campamento puideron participar en diferentes actividades e aprender algunhas habilidades, como o baile. Tras varias xornadas de ensaio quixeron representar para os seus familiares, presentes na clausura do Campamento este pasado venres día 29 de xullo á que tamén asistiu a Concelleira de Xuventude Elena Baz, un baile grupal no que se mesturaban diversas pezas musicais coas que ían danzando.
Con esta iniciativa dende o Concello da Guarda buscouse ofrecer unha alternativa lúdica e educativa aos rapaces e rapazas no tempo libre do verán e axudar aos pais e nais a conciliar vida familiar e laboral. Estes obxectivos parecen acadados, dado que moitos rapaces e rapazas quedaron con ganas de máis e de seguro repetirán o vindeiro ano.