O CEIP As Solanas celebra o Día Mundial da Poesía e dos Bosques con «poemas para levar»
O CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo celebrará o Día Mundial da Poesía e o Día Internacional dos Bosques, que se conmemoran cada 21 de marzo, cunha actividade conxunta coa que pretenden «fomentar o amor pola poesía e preservar o noso entorno natural».
«Poemas para levar» é o nome desta iniciativa, impulsada polo equipo de Educación Ambiental e a Biblioteca do centro, que consistirá na colocación de poemas nas zonas verdes guardesas. Así, as veciñas e veciños que gusten dos versos que atopen pendurados nas arbores e arbustos das rúas Manuel Álvarez, Alameda, San Bieito e no Paseo Marítimo, poderán levalos consigo e manter unha lembranza dese día.
«As árbores son poemas que a Terra escribe no ceo», escribíu o poeta Kahlil Gibran
Os poemas serán de temática libre e estarán decorados polo alumnado. Algunhas das pezas poéticas foron creadas polo alumnado do centro, namentres outras foron seleccionadas do poemario de coñecidos poetas e poetisas.
Parafraseando ao poeta libanés Kahlil Gibran, dende o centro sinalan que «’as árbores son poemas que a Terra escribe no ceo’ e de todos é sabido a gran atracción que sentiron sempre polos bosques e polas árbores os grandes artistas, poetas e poetisas. Por elo, convidamos a todas e todos a achegarse as nosas zonas verdes e disfrutar da imaxinación dos nosos pequenos».