O CICLO DE BARRIOFERENCIAS PÉCHASE ESTE VENRES COA CHARLA “CONTRABANDO NO ESTEIRO DO MIÑO”
O ciclo de barrioferencias, organizado polo Concello da Guarda, “Coñece o teu pobo” pecha coa charla “Contrabando no Esteiro do Miño”. A cita será este venres día 29 ás 20,30 horas no Centro Social de Salcidos.
O coñecido divulgador das costumes e tradicións do Baixo Miño e veciño da Guarda, Praxíteles González, será o encargado de ofrecer o público asistente unha conferencia sobre a historia do contrabando que nos anos da posguerra tivo lugar na desembocadura do río Miño.
Praxíteles é bo coñecedor desta arte que se converteu nunha das principais actividades económicas do século pasado xa que, tal e como narra no seu libro “Yo también fui contrabandista en el Esteiro del Miño”, el tamén transportou produtos de primeira necesidade a través do río Miño nos anos da posguerra.
Nesta conferencia Praxíteles contará tanto a súa experiencia como contrabandista como moitas outras anécdotas de compañeiros galegos e tamén portugueses.
Con esta charla o Concello da por terminado este ciclo de conferencias que tiñan como obxectivo mostrar os veciños e veciñas da Guarda os puntos e a historia máis descoñecida da localidade. Espérase, que como as citas anteriores, esta barrioferencia teña un gran asistencia.