O circo e a diversión infantil arrancan a programación cultural do 2025 na Guarda
A programación cultural da Guarda comeza no 2025 con Asacocirco Show, un espectáculo para todos os públicos.
Mirroska e Juanito son os dous pallasos deste divertido mini circo e da súa fusión están garantidas as risas do público coa maxia do teatro de rúa. Combinan humor e habilidades, todo con moito ritmo para ter un xogo cómico que implica e sorprende ao público.
O espectáculo dará comezo o venres 3 de xaneiro ás 17:30 horas na Praza Avelino Vicente.