O Concello da Guarda busca ampliar o seu servizo de Gardería
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a Concelleira de Asuntos Sociais, Teresa Vicente, trasladaron á Xerencia do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, a demanda de aumentar o número de prazas de Gardería para A Guarda, que na actualidade é de 40. Isto podería facerse mediante a ampliación do edificio actual, sé é posible, ou construíndo unha nova Gardería.

Reiterase así unha necesidade xurdida do aumento durante os últimos anos da demanda de prazas e tamén do número de persoas en lista de agarda que no pasado curso foi de 30 persoas.
De acordo ás recomendacións da Comunidade Europea, o número de prazas de gardería debería ser como mínimo o 35% da poboación en idade de acceder a ela. No caso da Guarda a porcentaxe é de tan só do 17%, polo que sería axeitado duplicar o número de prazas ofertadas.
Ademais, o Concello da Guarda tamén solicitou ao Consorcio que a Gardería da Guarda sexa incluída na rede de Garderías de Galicia Galiña Azul.
As demandas que fai o Concello diante do Consorcio e da Consellería teñen como obxectivo mellorar os problemas de conciliación que teñen moitas familias na Guarda.