O Concello da Guarda cede o selo de Irmanamento con Santo Domingo á Filatélica
O Concello da Guarda cede de xeito temporal a obra do Selo conmemorativo do Irmanamento coa cidade de Santo Domingo, 2005, á Sociedade Filatélica e Numismática da Guarda. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e o concelleiro de Cultura, Celso Fariñas, entregáronllo a pasada semana ao presidente da asociación, José Ángel Gándara.