O Concello da Guarda constata un erro do servizo de urbanismo sobre a finca do novo Punto Limpo
O Concello da Guarda constata erros por parte dos técnicos municipais no informe sobre a finca de O Viso, onde se proxectaba o novo Punto Limpo da Guarda.
Cos informes municipais constátase que a propiedade da finca e as súas lindes pertencen ao Concello da Guarda. O informe realizado polo arquitecto técnico municipal da Guarda garantía a execución do novo punto limpo da Guarda na finca e manifestaba que “non existían afectacións de ningún tipo”, polo que a obra podía ser executada.
Tras a emisión deste informe, os servizos xurídicos municipais detectaron que o informe tiña erros manifestos e modificouse a actuación a realizar o punto limpo. Ante esta situación, a empresa adxudicataria da obra renunciou á indemnización que lle podería corresponder para non prexudicar ao Concello, ao deberse a un erro.
“O único que fixemos foi basearnos nuns informes técnicos que, por desgraza, son erróneos. Por fortuna, o erros urbanístico subsanouse e podemos garantir a modificación na actuación proxectada para o punto limpo. Ademais, agradecemos a xenerosidade da empresa adxudicataria ao renunciar á súa indemnización para non prexudicar ao Concello visto o erro do departamento de urbanismo”, manifestou o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.
Así mesmo, ante os erros dos servizos técnicos de urbanismo do Concello da Guarda, o alcalde da Guarda levou a cabo unha reestruturación do mesmo.
20250214 Renuncia Empresa Adxudicataria
20240515 Certificado Titularidade Parcela
20240401 Informe Informe Técnico INFORME JUSTIFICACION NORMATIVA Y AUTORIZACIONES SECTORIALES 2024