O Concello da Guarda convoca a unha xuntanza as asociacións e organizacións empresariais e aos empresarios non asociados para falar da VAC
Ante a falta de información que temos sobre o futuro da execución da obra da VAC Tui-A Guarda e dada a importancia que o remate desta infraestrutura ten para a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento económico do Baixo Miño, sobre todo da Guarda.
Ante a falta de información que temos sobre o futuro da execución da obra da VAC Tui-A Guarda e dada a importancia que o remate desta infraestrutura ten para a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento económico do Baixo Miño, sobre todo da Guarda. Convócase ás asociacións e organizacións empresariais e aos demais empresarios (comerciantes, hostaleiros, etc.) non asociados a unha xuntanza na que se trataran os seguintes puntos:
- valorar a decisión da Xunta de Galicia de retirar a partida orzamentaria de 2016 para a VAC Tui-A Guarda
- valorar e apoiar a presentación dunha solicitude de compromiso da Xunta para a execución da mencionada infraestrutura.
A reunión será aberta ao público e terá lugar o día 28 de abril ás 21:00 na Casa dos Alonsos
A Guarda a 22 de abril de 2016
O Alcalde
Antonio Lomba Baz