O Concello da Guarda convoca un minuto de silencio polos atentados terroristas en París
O Concello da Guarda convoca hoxe, luns 16 de novembro, ás 12 horas, un minuto de silencio na Praza do Reló en repulsa polos atentados terroristas en París.
Os asistentes gardarán silencio para mostrar as súas condolencias ás familias das vítimas e en xeral a todo o pobo francés, abatido polo terror e a masacre.