(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xuventude

    • Inicio
    • Xuventude
    • O Concello da Guarda crea o Concurso Selfie #Viveaguarda dirixido á xuventude da vila

    O Concello da Guarda crea o Concurso Selfie #Viveaguarda dirixido á xuventude da vila

    • Publicado por Concello
    • Categorías Xuventude
    • Date 28 Xullo, 2016

    Cada día A Guarda aumenta a súa popularidade como un dos puntos da provincia de Pontevedra preferidos polos turistas que se achegan a Galicia, pero aínda queda moito por descubrir e moitos recunchos por coñecer, incluso para os propios veciños e veciñas da vila.

     

    Co obxectivo de dar visibilidade a estes recunchos máis significativos da vila, así como para mostrar a beleza e sensibilidade coa contorna privilexiada da Guarda, o departamento de Xuventude do Concello da Guarda ven de crear o primeiro Concurso de Selfies VIVE A GUARDA.

     

    Para participar nesta iniciativa, que tamén busca fomentar o traballo artístico da mocidade, os participantes deben facerse unha fotografía a eles mesmos, un “selfie”, no que se poda apreciar algún lugar destacado da Guarda. Poderán enviar as súas fotografías os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, sempre que nos caso dos menores de idade conten con consentimento expreso dos pais, nais ou titores legais, entregado no Concello de A Guarda no Departamento de Cultura do Concello de A Guarda.

     

    O concurso inclúe dúas modalidades, individual e en parella. En calquera das dúas os participantes deben ser os protagonistas da imaxe e só poderán presentar unha proposta.

    Esta pode ser remitida en formato dixital a través de dúas redes sociais, Instagram ou Facebook. En ambos casos os concursantes subirán a imaxe ó seu perfil de dita rede social, acompañándoa coas etiquetas ou hashtags #viveaguarda e #concursoselfies. Ademais, en Instagram hai que etiquetar ó perfil @viveaguarda e no Facebook compartilo na páxina “Xuventude A Guarda”.

     

    O prazo para presentar os selfies remata o vindeiro día 31 de agosto. A partir desa data tres xuíces deliberarán sobre cal das obras presentadas debe ser a elixida como vencedora, tendo en conta os criterios de calidade técnica e artística, a orixinalidade e a adaptación ós obxectivos e normas do concurso, que poden consultarse na páxina web do Concello da Guarda www.aguarda.es (onde se inclúe a autorización para os menores).

     

    Os traballos que resulten gañadores, e que se coñecerán o día 5 de setembro, ademais de ser premiados cunha cea ou comida no Forte (A Guarda), tamén formarán parte da campaña “VIVE A GUARDA 2016” que está a impulsar o Concello da Guarda. Por isto anímase a todos os mozos e mozas a participar e axudar a dar visibilidade a todos eses lugares que fan da Guarda unha vila tan especial. Dende o departamento de Xuventude queremos agradecer a súa colaboración ó Restaurante O Forte e a todos os que fan posible levar a cabo esta iniciativa.

     

    BASES DO CONCURSO

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    Acto de entrega da dotación de material deportivo da Deputación a clubs da Guarda
    28 Xullo, 2016

    Seguinte nova

    Horarios do ferry dende o martes 23 ao domingo 28 de agosto
    23 Agosto, 2016

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web