O Concello da Guarda e ORPAGU entregan o premio o restaurante gañador de “Espada en Tapas”
O restaurante “Xeito” gaña a segunda edición desta ruta gastronómica. Manuel González Marqués, de Salceda de Caselas, foi o premiado cunha cesta de produtos de peixe espada
A Organización de Palangreros Guardeses (ORPAGU) e o Concello da Guarda entregaron o diploma o restaurante gañador da segunda edición de “Espada en Tapas” e a cesta de produtos de peixe espada o comensal que resultou premiado no sorteo.
O restaurante Xeito co seu “Cestillo de Espada” logrou o primeiro posto. O xurado, composto polos xornalistas locais Eva González de Faro de Vigo e Jorge Alonso, de Infomiño, tiveron a ocasión de valorar non so as receitas senón tamén a textura, a presentación e a orixinalidade da tapa.
Os gañadores quixeron agradecer tanto a ORPAGU coma o Concello a iniciatva.
Ademais o Concello da Guarda tamén entregou a todos os restaurantes participantes e adheridos a esta ruta unha fotografía profesional da súa receita. Os locais foron Aparthotel Marouco, Brisamar, Carla, Gaviota, Jamonería Anabel, La Pizzicata, Marusía, O Cangrexal, Os Remos, Trasmallo y Xeito
“Podemos dicir que foi moita a xente que participou nesta ruta. Esta iniciativa une a dous dos elementos máis representativos da nosa zona, o peixe espada e a pesca e a gastronomía local polo que é moi satisfactorio”, afirmou na entrega Montserrat Magallanes.
Tapa con premio
Manuel González Marqués, de Salceda de Caselas, resultou ser o gañador do sorteo da cesta de produtos de peixe espada.
“Probei varias tapas en diferentes restaurantes da Guarda, fixen unha ruta por varios e a verdade é que estaban deliciosas”, afirmou o afortunado.
“Espada en Tapas” é unha iniciativa de ORPAGU en colaboración co Concello da Guarda, o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Pesca (MAGRAMA) e o Fondo Europeo de Pesca.
O obxectivo desta ruta é promover a economía local, dinamizar o turismo en temporada baixa, e potenciar o consumo do peixe espada. Para isto ORPAGU e o Concello uniron forzas cos hostaleiros guardeses.