O Concello da Guarda executou o proxecto de ampliación e mellora do camiño municipal da Gándara ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026
O Concello da Guarda executou un proxecto de ampliación e mellora do camiño municipal da Gándara co obxectivo de garantir a seguridade de vehículos e viandantes.
Esta obra realizouse ao abeiro da subvención concedida do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, cun orzamento total que ascendeu a 41.133,66 euros.



