
O Concello da Guarda informa do levantamento da prohibición temporal do baño na praia de O Carreiro
O Concello da Guarda informa de que queda levantada a prohibición temporal do baño na praia de O Carreiro, tras recibir a comunicación oficial da Consellería de Sanidade.
Os resultados dos controis microbiolóxicos das augas de zonas de baño de Galicia certifican que a calidade da auga é favorable e apta para o baño, ao situarse novamente en valores moi bos, dentro dos parámetros establecidos pola normativa vixente.
Deste xeito, dende hoxe queda restablecido o baño na praia de O Carreiro con total normalidade.


