(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Outras

    • Inicio
    • Outras
    • O Concello da Guarda leva á Xunta aos tribunais pola denegación parcial dunha subvención para a contratación de socorristas

    O Concello da Guarda leva á Xunta aos tribunais pola denegación parcial dunha subvención para a contratación de socorristas

    • Publicado por prensa
    • Categorías Outras
    • Date 8 Xaneiro, 2020

    No mes de maio de 2019 o Concello da Guarda solicitou, ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, unha subvención con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C-20500489 por importe de 21.000€ para o cofinanciamento da contratación de 7 traballadores/as desempregados/as para o servizo de socorrismo das Praias con Bandeiras Azuis do municipio na época estival, Area Grande e O Muíño.

    No mes de setembro o Alcalde da Guarda solicitou a reducción da subvención a 6 traballadores por ser estes suficientes para cubrir as necesidades do servizo. Asimesmo, achegou a documentación xustificativa de que outro traballador fora contratado, por motivos alleos ao concello, 7 días máis tarde do previsto nas bases publicadas pola Consellería de Economía da Xunta. A contratación produciuse o 8 de xullo de 2019 en lugar do 1 de xullo. Dende o Servizo de Emprego e Economía Social da Consellería de Economía comunicaron ao concello que por este motivo perdían o dereito a totalidade da subvención para este traballador. Pasando a participación da Xunta de 18.000 € a 15.000 €

    No mes de outubro o Alcalde da Guarda presentou un recurso de reposición alegando que  dos 6 candidatos que presentaron os papeis en tempo e forma, tan só 5 acudiron á realización das probas de selección unha vez finalizado o prazo de presentación da documentación esixida. Dende o concello non se entende como, por este motivo se revoga totalmente a subvención deste traballador reducindo o importe total en 3.000€, cando tan solo se atrasou o tempo de contratación en 7 días. Segundo o equipo xurídico do concello da Guarda, queda de manifesto que o grao de cumprimento do concello aproxímase, de xeito absolutamente significativo, ao cumprimento total das súas obrigas, polo cal se solicita recoñecer o dereito do concello da Guarda a recibir o importe proporcional da subvención concedida no seu día, por importe de 2.650€ polo socorrista contratado con data 8 de xullo de 2019.

    Unha vez finalizada a vía administrativa, despois de  que a Xunta desestimara o recurso presentado polo Alcalde da Guarda, o concello decidiu interpoñer un recurso contencioso-administrativo con data 3 de xaneiro de 2020 por non compartir as consideracións expostas na resolución por un suposto incumprimento total e non parcial, como se entende que foi o caso, esixindo a parte proporcional da subvención concedida inicialmente.

    Dende o concello recórdase que a non contratación en prazo deste socorrista non é responsabilidade municipal, senón consecuencia dun proceso selectivo que presenta, todos os anos e en moitos concellos, dificultades pola escasa oferta de traballadores. A Xunta e O Servizo de Emprego da Consellería de Economía deberían buscar as causas desta baixa demanda de emprego de socorristas e tomar as medidas que lle corresponden, por ser da súa competencia, para aumentar o número de socorristas titulados.

    A contratación de socorristas é necesaria para solicitar as Bandeiras Azuis para as praias. Moitos concellos, diante da dificultade de contratación de socorristas, teñen renunciado a solicitar esta distinción. A Xunta de Galicia debería facilitar máis a obtención de Bandeiras Azuis para as praias galegas polo que representan na promoción turística. Na actualidade son os concellos os máis penalizados a hora de conseguir estas distincións.

    Tag:A Guarda, Emprego, socorristas, Subvención, xustiza

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Unidade Móbil de inspección técnica de agrícolas na Guarda en febreiro
    8 Xaneiro, 2020

    Seguinte nova

    A Guarda pecha o Nadal este domingo
    8 Xaneiro, 2020

    Tamén te poden gustar

    • O martes ábrense as citas para renovar pasaporte e DNI na Guarda
      26 Xuño, 2025
    • A foodtruck de Galicia Sabe Amar visita A Guarda
      19 Xuño, 2025
    • A SEMANA: Descubre todas as actividades desta semana
      16 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web