O concello da Guarda pide á Xunta que lle posibilite acceder a subvención da Praza de Abastos
Con data 14 de xullo de 2016 a Consellería de Industria publica a orde coas bases para a concesión de axudas para os mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia.
Con data 14 de xullo de 2016 a Consellería de Industria publica a orde coas bases para a concesión de axudas para os mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia.
Na mencionada orde establécese o prazo de presentación de solicitudes ata o 17 de agosto e o prazo de xustificación de remate das obras ata o 30 de novembro de 2016.
Tendo en conta que a data de hoxe, 16 de setembro, non está publicada a resolución nin sabemos cando teñen previsto facelo. Que o proxecto presentado polo concello da Guarda de “eliminación de barreiras arquitectónicas na praza de abastos” ten un orzamento de 105.000 €. Que existen uns prazos legais establecidos para tramitación administrativa e para a adxudicación de obras destes importes e que segundo os servizos técnicos do concello a data de hoxe sería imposible cumprir con estes prazos, tendo en conta a data límite posta pola Xunta para a xustificación da obra.
O concello da Guarda solicitou á Consellería de Economía, Emprego e Industria a ampliación do prazo de xustificación para poder respectar a legalidade no sistema e prazos de contratación e execución da obra, para poder recibir a axuda. O concello considera que a Xunta debe acceder a esta solicitude dado que non facelo pode representar un prexuízo para os praceiros e veciños da Guarda e doutros concellos que solicitaran esta subvención.