O Concello da Guarda recomenda o desbroce dos ‘plumachos’ para evitar a súa propagación
O Departamento de Medio Ambiente do Concello da Guarda recomenda á veciñanza que teña na súa propiedade o comunmente chamado “plumacho” ou “herba da pampa” que desbroce este ao ras do chan a ser posible.
O “plumacho” é en realidade a cortaderia selloana, unha especie clasificada como exótica invasora. Esta planta crece moito e rapidamente, polo que pode ser precisa maquinaria pesada para a súa retirada se non se desbroza a tempo. É por iso, polo que se recomenda arrancala da propiedade cando aínda é pequena.
Nos meses de agosto e setembro, a planta saca o coñecido “plumacho” que solta as sementes, así que é recomendable o seu desbroce antes da expansión da planta.
Para máis información: medioambiente@aguarda.es ou no 986 61 00 00.