O Concello da Guarda renova a súa frota de vehículos
O Concello da Guarda renova a súa frota de vehículos municipais grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra. Con ela, o Concello puido comprar varias furgonetas e un coche para facilitar as labores dos traballadores municipais.
Deste xeito, renóvanse os vehículos cos que contaba o consistorio, que sobrepasaban xa as dúas décadas de antigüidade e presentaban avarías continuas por esta mesma razón.