O Concello da Guarda repartirá 200 novos composteiros entre a veciñanza
O Concello da Guarda repartirá 200 novos composteiros de xeito gratuíto entre os veciños e veciñas da Guarda.
O obxectivo é reciclar a materia orgánica para obter un abono de alta calidade que os participantes poden aproveitar nas súas hortas ou xardíns, ao tempo que reducen os custos asociados. Deste xeito apóstase pola economía circular ao tempo que contribúe a reducir a produción de residuos e lixo e a minorar as emisións de CO2 á atmosfera.
As persoas interesadas en obter un composteiro, xa o poden solicitar a través de medioambiente@aguarda.es ou no 986 61 00 00.
Os composterios conta coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.



