
O Concello da Guarda reprograma para o domingo 22 de novembro o roteiro de identificación de cogomelos
O Concello da Guarda, a través do departamento de Medio Ambiente e en colaboración con Biophilia Axencia Ambiental, celebrará finalmente o domingo 22 de novembro o roteiro de identificación de cogomelos, inicialmente previsto para o sábado 21.
O cambio de data vén motivado polas condicións meteorolóxicas adversas previstas, co obxectivo de garantir que a actividade poida desenvolverse nas mellores condicións posibles e ofrecer ás persoas participantes unha experiencia segura e proveitosa.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas, con saída dende a Casa da Comunidade de Montes de Salcidos, e estará centrada na observación e identificación de cogomelos no seu hábitat natural.
Dende o departamento de Medio Ambiente lémbrase que se trata dunha actividade de identificación e observación, non de recolección, polo que o obxectivo é coñecer mellor estes organismos e comprender a súa importancia nos ecosistemas naturais.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es.


