O CONCELLO DESAPROBA A XESTIÓN DA COMISIÓN DO MONTE
O equipo do goberno do concello da Guarda, despois de realizada unha sosegada valoración do traballo da Asociación “O Cancelón” na organización das Festas do Monte e despois de ver como durante estes últimos anos o programa vai perdendo consistencia, ata o punto de devaluar, un dos referentes da festa como é o luns dos Fogos no Porto da Guarda, que atraía a miles de persoas de toda a comarca e, sabendo tamén, dos problemas económicos que acusan, recoñecidos incluso por boca dos membros da propia asociación, expón:
Que dende o Concello, e dada a importancia que as Festas do Monte teñen para A Guarda e incluso para a comarca, dadas as expectativas que todos temos na festa como elemento dinamizador da economía e potenciador do turismo, sabendo do peso que a cidadanía lle dá como factor fundamental de cultura e ocio veraniego, e tendo en conta o exposto con anterioridade, consideramos a nosa responsabilidade solicitar á asociación “O Cancelón” que, despois do peche das Festas do Monte 2015, poña a organización da festa a disposición doutra asociación ou outro grupo de persoas que, con enerxías renovadas, afronte a preparación das Festas do Monte do ano 2016.