O concerto do grupo Laroá previsto para hoxe foi aprazado por mor da choiva
Ante a previsión de choiva para a tarde-noite do venres 18 de agosto o concerto de jazz fusión do grupo Laroá tivo que ser aprazado para unha nova data, ao non poder asegurar a posta en escena ao aire libre.
O concerto, que forma parte do programa MUSIGAL da Deputación de Pontevedra, realizarase o 30 de setembro na mesma praza do Reló.
Haberá que esperar máis dun mes para gozar cos ritmos propios e característicos desta formación, que a través de dos seus nove músicos, con traxectorias diferentes e de procedencias diversas procuran un estilo propio con moita influencia do jazz pero tamén doutros sons de raíz e tradicionais, fusionando co folk, con ritmos mediterráneos e incluso galaicos.
O concerto de Roi Casal previsto para o día de mañá na Alameda ás 22:30h. si que mantén a súa programación.