O Contacontos Escola de Dragóns abrirá a programación Primavera Entre Letras
Este sábado 6 de abril da comezo na Biblioteca Municipal a actividade Primavera entre Letras, a proposta de programación cultural para os meses de abril e maio que xirará en torno ao libro, a lectura e a literatura.
Contacontos, teatro infantil, Narración de historias, presentacións de libros…daranse cita ao longo dos vindeiros meses, acompañadas dunha campaña de fomento ao consumo de libros na localidade, e culminando cunha exposición sobre Castelao e dúas xornadas festivas en torno ás Letras Galegas.
Polo momento o primeiro evento realizarase este sábado na Biblioteca Municipal, o Contacontos “Escola de Dragóns” é un conto interactivo e participativo no que os nenos/as acompañan a Zog na Escola de Dragóns. Todos xuntos aprenderemos a comportarnos como auténticos dragóns e a superar cada unha das probas plantexadas pola señorita Dragón. Polo camiño, coñeceremos a unha rapaza que non quere ser princesa, o seu soño é ser doutora, axudaralle Zog a conseguir o seu soño ou a secuestrará nunha torre como ás princesas?