O coro Cantábile organiza o IV Festival Sons da Guarda
Este sábado 11 de outubro ás 20:15 horas dará comezo na igrexa parroquial da Guarda o IV Festival Sons da Guarda.
Contará co concerto e a participación do Coro Cantábile, como organizador do festival. Ademais, terán como invitados a Avelino Ferreira e a Magdalena Argibay, que participarán co oboe e o piano, respectivamente.
O coro Cantábile ofrecerá temas tradicionais, pero tamén máis modernos como o tema Recuérdame da banda sonora da película COCO.
Deste xeito, o coro Cantábile consolida a celebración deste festival e continúa aumentado a súas aparicións públicas, tanto en concertos como pasarrúas, etc.



