(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • O Entroido da Guarda presenta unha programación con música, agasallos, gastronomía e moita diversión

    O Entroido da Guarda presenta unha programación con música, agasallos, gastronomía e moita diversión

    • Publicado por Concello
    • Categorías Xerais
    • Date 27 Xaneiro, 2016

    O Concello da Guarda espera que todos os veciños e veciñas da localidade, e tamén os visitantes que se acheguen a vila nestas datas, participen nesta celebración e axuden a que o Entroido 2016 sexa un verdadeiro éxito.

     

    O Concello da Guarda está a preparar un Entroido cheo de actividades e iniciativas para que todos os veciños e veciñas da vila, sen excepción de idade, gocen dunhas datas festivas con moita diversión.

    Dende a Concellería de Cultura quérese promover e manter as tradicións guardesas ademais de iniciar algunhas ideas novas que favorezan á localidade. Así a programación deste entroido está pensada para que nel poidan participar todos os guardeses e guardesas e os visitantes que decidan pasar estas datas na vila.

    O Entroido comeza xa o venres, día 5. A partir das 12 horas os nenos e nenas dos diferentes centros escolares da vila lucirán os seus disfraces polas rúas da Guarda. O percorrido comeza na Alameda, pasando pola Rúa Galicia ata chegar ao Galo.

    O sábado as actividades xa comezan pola mañá. Ás 11 horas na Biblioteca Municipal haberá unha nova sesión de Contos Contados que se complementará cun Obradoiro de Máscaras.
    Ás 17,30 horas, no Centro Cultural, se proxectará o filme “Rio2”. Todos aqueles que acudan disfrazados a ver esta película levarán un pequeno agasallo.
    A partir das 19 horas, na Alameda terá lugar unha foliada de Entroido coa actuación de “Os Monifates”. Ademais será a “Tarde de Homes e Mulleres”, todas as persoas que se animen a transformarse terán unHA RECOMPENSA.
    Xa pola noite, a partir das 23,30 horas, os encargados de pór a música en directo neste Sábado de Entroido será o grupo guardés “The Winning Numbers” e os veciños de Baiona, “San Rockers”.

    O domingo na Alameda se celebra o “Día das Familias” coa actuación da orquestra SONORA. As familias que se animen a disfrazarse levarán un pequeno agasallo.

    As actividades continúa o luns co “Día dos Nenos” na Alameda cunha gran festa infantil coa que se conta con dj´s, diferentes xogos e moitas sorpresas.

    A programación pecha o martes co Gran Desfile-Concurso de Entroido, subvencionado pola Deputación de Pontevedra. As comparsas, grupos e disfraces individuais vestirán as rúas da Guarda para o goce de todos os veciños e veciñas da vila. A saída será ás 17,30 horas dende a esquina Famosa para chegar á Alameda.
    Alí se darán os premios aos mellores disfraces e se bailará ao son da orquestra YUKATAN.

    Ademais, dende o sábado 4 ata o martes, 9 de febreiro nos restaurantes Arruaz, Brisamar, La Pizzicata, Marusía, O Cangrexal, Porto Guardés, The Celtic Harp, Xantar e Xeito, haberá un menú especial de entroido, tanto para xantar como de cea.
    Este menú, que terá un prezo de 15 euros, terá de primeiro prato caldo e de segundo lacón con grelos. De sobremesa haberá ou filloas ou orella de entroido.

    O Concello da Guarda espera que todos os veciños e veciñas da localidade, e tamén visitantes que se acheguen a vila nestas datas, participen nesta celebración e axuden a que o Entroido 2016 sexa un verdadeiro éxito.

     

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    PRESENTACIÓN DA V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS
    27 Xaneiro, 2016

    Seguinte nova

    Concentración no día de hoxe, ás 12h. na Praza do Reló
    14 Marzo, 2016

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web