O Galifornia Beat volveu con forza e xa pensa na súa próxima edición
Hai uns meses, a Concellería de Xuventude reuniuse co equipo do Galifornia Beat para valorar a edición celebrada en agosto tras 5 anos de pausa. Deste xeito, analizáronse as necesidades e os resultados para preparar unha nova edición deste festival urbano.