O IES A Sangriña da Guarda desenvolverá varias accións dentro do marco europeo Erasmus +
Continuando coa súa traxectoria de participación en Proxectos europeos no ámbito educativo, un ano máis, o IES A Sangriña de A Guarda desenvolverá varias accións dentro no novo marco europeo Erasmus +. Unha destas acciós e o Proxecto BODY (Best Options for Developing Yourself)
O nome técnico deste proxecto é Key Action 219. Trátase dunha Asociación estratéxica coordinada pola Collège Boris Vian (Dunkerque, Francia) de tres anos de duración na que participan como socios os seguintes países: España (IES A Sangriña), Reino Unido, Portugal, Polonia, Romanía e Italia. Este proxecto denominado B.O.D.Y é unha asociación multinacional de centros que implica traballar sobre un eixe temático común: a visión do corpo humano dende diferentes ópticas (artísticas, deportivas, socioculturais, nutricionais.. etc)
A nivel local o noseo centro colaborará programando actividades co CEIP A Sangriña, con el Centro de Educación Especial San Xerome Emiliani (A Guarda), coa Residencia para a Terceira Idade de Monte Tecla (A Guarda) e contará coa participación da Asociación Avelaíña (A Guarda). Todos estes centros implícanse na realización de todas e cada unha das actividades e isto fai deste proxecto un marco de convivencia e de integración no que traballan, participa e gozan en igualdade tanto alumnos de infantil e secundaria coma alumnos de necesidades especiais e persoas maiores. As distintas actividades propostas baséanse en traballos fotográficos, en vídeo de creación, en fomento da actividade física e da alimentación saudable, entre outras. Estas actividades se levarána cabo durante os próximos tres cursos escolares e terán un impacto decisivo na nosa área xeográfica máis inmediata.
Os coordinadores deste proxecto no IES A Sangriña son Carina Vales y Carlos Alonso.
Proximamente ambos coordinadores viaxarán a Polonia para participar no primeiro meeting transnacional sobre os diferentes aspectos deste Proxecto.
Durante o mes de novembro se están a realizar, entre outros, obradoiros de danza, de sentimentos, ou de xogos tradicionais.
Está previsto que no marco deste proxecto B.O.D.Y haxa un intercambios con alumnos de Francia e de Reino Unido.