O teatro e a música chegan este sábado 8 de outubro ó Centro Cultural da Guarda coa representación do musical “Os Rockenstein”
Este sábado 8 de outubro, ás 17:30 horas, os guardeses, as guardesas e todos os visitantes que o desexen teñen unha cita coa música e o teatro no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda. A entrada é de balde ata completar o aforo.
Este sábado 8 de outubro, ás 17:30 horas, os guardeses, as guardesas e todos os visitantes que o desexen teñen unha cita coa música e o teatro no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda. A entrada é de balde ata completar o aforo.
A través da obra “Os Rockenstein”, a compañía teatral ‘Malasombra producións’ creou un espectáculo para toda a familia que chega este sábado á Guarda. O protagonista da obra é Rockenstain, un doutor, inventor e científico preocupado porque a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo decide crear no seu laboratorio un ser vivo e convertelo nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll.
Non obstante, o experimento superará as súas expectativas e da máquinas sairán tres criaturas. Así, o doutor terá unha dura tarefa por diante: educar ás futuras estrelas do rock, para que se formen como persoas antes de poder ser un bo grupo de rock.
Esa educación se reflexará a través das nove cancións que compoñen o musical, durante o cal o público terá unha participación moi activa, como se estivesen nun concerto de rock. Ademais, estas cancións transmitirán, entre outras cousas, a importancia de vestirse e asearse, de alimentarse ben, a importancia de aprender cada materia que lles ensinan no colexio, de coñecer o mundo, etc.
Dende o Concello da Guarda anímase a todos a asistir a esta representación que poderán desfrutar os públicos de todas as idades e que conxuga música, entretemento e a importancia da educación e do ensino.